domingo, 24 de febrero de 2013

Rosas a Rosalía


Astros y fuentes y flores, no murmuréis de mis sueños
sin ellos, ¿cómo admiraros y cómo vivir sin ellos?





Naceu o 24 de febreiro de 1837 ...

Sempre Rosalía , xograresa e feminista na sombra. 
Sempre Rosalía, muller  paxaro e estrela.  
Sempre Rosalía: Ti en Nós



NEGRA SOMBRA

Cando penso que te fuches
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.







miércoles, 13 de febrero de 2013

O Gato e a Lúa




Fixen de todo por ela. Cando cría estar máis cerca, aínda estaba máis lonxe...
Ahora só espero 




O gato e a lúa , unha fermosa e poética historia de amor para reflexionar...

                                                                                               








sábado, 2 de febrero de 2013

Hippies: Música, Flores e Amor




As xograresas andamos trala  poética Hippie. O próximo venres participamos no Carnaval literario co “Flower Power” e queremos elexir Banda Sonora. Asi que vos deixamos un pouco de bo rollo hippie  e propoñémosvos que opinedes. ¿Cal dos temas  vos gusta máis: San francisco de  Scott Mckenzie ou o tema de Joe Cocker Cun pouco de axuda dos meus amigos? Ah, tamén podedes  suxerir vós outros… 


Jimi Hendrix

                                                         

No ano 1967 celébrase en San Francisco un festival de  música pop que supuxo  unha das primeiras concentracións do movemento hippie. Naquel concerto consagráronse grandes figuras  da música como Janis Joplin e Jimi Hendrix. Pero foi a canción San Francisco (ou  Pon flores no teu cabelo) de Scott Mckenzie a que se converteu no himno  daquel movemento contracultural, libertario e pacifista.  Aquí vos deixamos o tema con subtitulos en español.



  
Outro  dos festivais  máis  famosos da época hippie foi o de Woodstock  (1969), onde se volveron   dar  cita miles de persoas que mostraban o rexeitamento ao sistema e facían das súas consignas"Fai o amor e non a guerra"ou "Prohibido prohibir" unha forma de vida. Joe Cocker  cantou este fermoso tema:


Bob Dylan

No mundo literario , o cantautor Bob DylanJack Kerouac  foron  dos poetas  máis  admirados. On the road 
( En el camino, edit. Anagrama) de Kerouac considerouse  lectura obrigada  para a xuventude dos anos 60 e 70. Alguns  textos célebres de Kerouac:             
 Namorate da túa existencia     
jack Kerouac 
O único camiño é a vida

Todos os seres humanos son tamén seres de ensoños. Soñar une a toda a humanidade

De súpeto comprendín que todas as cousas só van e veñen, incluido calquera sentimento de tristeza

A única xente que me interesa é a que está tola, a xente que está tola por vivir, tola por falar, tola por salvarse, con ganas de todo ao mesmo tempo, a xente que nunca bocexa nin fala de lugares comúns, senón que arde, arde como fabulosos cohetes marelos estourando igual que arañas entre as estrelas.












Con respecto  o movemento hippie, aínda que foi asimilado polo sistema, dicir que moitos dos seu valores ideolóxicos e culturais perviven hoxe (ecoloxismo, antirracismo, pacifismo, liberdade sexual…) . Asi que se vos interesa saber máis  pinchade  AQUÍ