domingo, 24 de noviembre de 2013

Contra a violencia de xénero: Regras de xogo...







Regras de xogo para os homes que queiran amar a mulleres 


O home que me ame
deberá saber descorrer as cortinas da  pel,
encontrar a profundidade dos meus ollos
e coñecer o que aniña en min,
a anduriña transparente da tenrura.

 O home que me ame
no quererá posuirme como unha mercancía,
nin exhibirme como un trofeo de caza,
saberá estar a miña beira
co  mesmo amor
co que eu estarei a beira súa          

O amor do meu home
non coñecerá o medo á entrega,
nin temerá descubrirse ante a maxia do namoramento
nunha praza chea de multitudes.
Poderá gritar -quérote-
e facer rótulos no alto dos edificios
proclamando o seu  dereito a sentir
o máis fermoso e humano dos sentimentos.

 O home que me ame
fará poesía coa súa vida,
construindo cada día
coa mirada posta no futuro.
              
O amor do meu home
no lle fuxirá ás cociñas,
nin aos cueiros do fillo,
será coma un vento fresco
levándose entre nubes de soño e de pasado
as debilidades que, por séculos, nos mantiveron separados
como seres de distinta estatura.

O amor do meu home
non quererá rotularme e etiquetarme,
darame aire, espazo,
alimento para crecer e ser mellor,
coma unha Revolución
que fai de cada día
o comezo dunha nova vitoria

Gioconda Belli




Este Corpo é Meu. Non se Toca. Non se Viola. Non se mata. 



1 comentario: